martes, 20 de noviembre de 2018

Noticias de outono

Hai dúas opcións: pedirlles que fagan unha redacción ou tentar motivalos e implicalos no proceso.

Como participamos no programa "La Voz en la Escuela" todos os mércores temos o xornal na nosa aula e a estas alturas xa estamos moi familiarizados coa súa forma. A pasada semana na sesión "redacción" aproveitamos que non chovía e fixemos a actividade "tempo fóra".

Esta actividade consistía en que tiñan que saír ao patio, buscar algo representativo do outono para logo ao chegar a clase facer un calco. Pódese pensar que son maiores para isto...o desfrutaron moitísimo! Foi xenial!

Despois pedinlles que a actividade que acababan de facer a transformaran en noticia dun xornal pero a metade da clase o fixo coma se pertenceran a sección de DEPORTES e a outra metade a medio AMBIENTE.

Quedaron unhas noticias estupendas e o pasaron en grande!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!