jueves, 5 de abril de 2018

8M. Día da Muller

Imos con retraso actualizando o blogue, pouquiño a pouquiño pero con seguridade ao facelo.

O pasado 8 de marzo foi o Día da Muller, na clase o traballamos cos nosos cadernos "Día D para aprender..."

Escribimos o nome de catro profesións na pizarra: bombeiro, albañil, militar e futbolista e as repartimos entre nós. Tivemos unha sesión para ilustrar cada profesión. Despois diso en asamblea cada un explicou o seu debuxo e reflexionamos sobre elo.

Por que unha muller non poder ser futbolista/albañil/militar...................? Rompendo estereotipos!!!

Tamén seguimos as instruccións do "Libro juego del 8M" no que aprendimos moitas cousas, entre elas que o FEMINISMO non é que a muller quere ser superior ao home, senón que o feminismo busca a IGUALDADE entre home e muller. Este xerounos un debate xa que algunha alumna non estaba dacordo co nome que lle puxeron a esta definición. Animámoslle a que fixera unha "queixa" a RAE para que modificara o termo ;)

Para rematar vimos o vídeo da "Peluca de Luca", encantoulles!

Aquí vos deixamos a foto e o vídeo da mostra dos seus debuxos e o vídeo que fixemos entre todos os alumnos/as do cole para celebrar este día.




Reflexión persoal:A verdade é que como mestra esperábame un resultado distinto pero sorprendeume que dende o inicio da actividade o 90% dos nenos tiveron claro que todos debemos ter as mesmas oportunidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!