miércoles, 14 de febrero de 2018

"Día D para aprender"

Co comezo do ano estrenamos os nosos cadernos "Día D para aprender". Usámolos para traballar as distintas conmemoracións que celebramos no cole, ou non, ás veces simplemente para dúbidas interesantes que se nos ocorren.

Por grupos nos organizamos e coas tablets e os portátiles "googleleamos" e aprendemos cousiñas interesantes! O primeiro que fixeron os nenos foi un traballo sobre o Día da Paz: coñeceron distintas personaxes ás que lle foron concededidas os premios Nobel da Paz, outros que contribuíron á Paz aínda que non foron premiadas; investigaron máis símbolos da paz e buscaron frases que nos animan a ser pacíficos.

Esa semana aproveitamos para facer na clase as pulseiras da paz: marcamos os nosos brazos en papel blanco e as recheamos de pulseiras de cores con distintas habilidades, emocións, sensacións...necesarias para a paz: amizade, cariño, tenruna, respeto...

O segundo traballo foi sobre o Día de San Valentín, porque algunha razón tiña que haber para que o 14 de febreiro fora o día dos enamorados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!