viernes, 31 de marzo de 2017

"Día guai"

Hoxe foi un día extremadamente intenso. Comezamos a mañá traballando en grupo as unidades de medida. Construimos as "escadas" das distintas magnitudes e logo xogamos a ordenar medidas.
Traballar en grupo non sempre nos está resultando doado pero non cesaremos no noso intento!


Despois disto e aproveitando que estamos na semana da froita fixemos zume. Nos lavamos, escollimos a froita, a cortamos, licuamos, colamos e disfrutamos! Durante todo o proceso pesamos cada exemplar de cada froita e contamos todo o que utilizamos, mañá traballaremos en Mates cos datos recopilados, sen lugar a dudas foi "un día guai".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!