jueves, 9 de marzo de 2017

8 de marzo. Día da Muller.

Xa pasaron meses dende a última entrada...con este estrenamos ano, curso e cole. Dende este curso Con ganas de aprender trasládase conmigo ao CEIP Belesar co grupo de 5º de primaria. Esperamos seguir recibindo moitas visitas...de novos alumnos, antigos, profes, papis...todos sodes benvidos!

Estreamos o "novo blogue" cun vídeo elaborado dende o centro adicado ao Día da Muller grabado por todo o alumnado, quedou precioso!


O mércores, despois do visionado conxunto do vídeo, xa na clase, falamos de que foi o que aprendemos e as conclusións xerais foron que debemos ter os mesmos dereitos...xa sabedes rapaciños, fagámolo realidade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!