domingo, 26 de marzo de 2017

21 de marzo. Día da Poesía, Día da Árbore...Benvida primavera!

O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía e o mércores 22 o conmemoramos no cole. Cada clase fixo unha lectura de poemas previamente escollidos; nos elaboramos grupalmente os nosos propios poemas...non foi fácil! Chegar a acordos comúns non sempre é sinxelo pero o resultado final mereceu a pena.




Tamén foi o día da Árbore e o comezo da primavera polo que aproveitando que a nosa porta estaba branca demais debuxamos unha árbore e a estamos enchendo de flores que teñen escrito poemas relacionados coa natureza. Vai collendo xeito a medida que pasan os días!

Comezamos outra semana cheos de enerxía...primavera cando queiras podes vir para quedarte! 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!