jueves, 4 de diciembre de 2014

DÍA DA INFANCIA

O pasado venres o Concello invitounos a participar nun pleno coa alcaldesa, a responsable do departamento de Educación e dúas responsables de UNICEF para conmemorar o Día da Infancia e ler alí un manifesto xunto coa lista dos dereitos. Xuntámonos grupiños dos distintos centros escolares de Tomiño (dende o CRA ata o IES) e participamos todos no acto.

Cando nos enteramos puxémonos mans á obra na clase e empezamos a preparar un cartafol para enterarnos ben de que ía iso do Día do Neno...buscamos a orixe, utilizamos o dicionario para buscar palabras complicadas, divertímonos un rato con Mafalda e a súa particular visión dos dereitos, escoitamos a John Lenon e a súa preciosa canción Imagine...puxemos moitas ganas e concentración e quedounos PRECIOSO, ou non???


-


Agora que coñecedes os vosos dereitos, é responsabilidade vosa, ademais de nosa, loitar por eles!

Moitos bicos fortes!

1 comentario:

Grazas polo teu comentario!