martes, 7 de octubre de 2014

Comezamos con ILUSIÓN!

Xa estamos de volta!!!

Este anos custounos arrincar co blogue pero finalmente estamos aquí con moitas ganas e ilusión! Comezamos quinto moi animados, tanto vos coma eu, e estamos facendo moitas cousas interesantes na aula: traballo emocional, traballo cooperativo...está sendo xenial!

Coma sempre vos irei poñendo enlaces para que practiquedes as cousiñas que vemos na clase!

Deica mañá rapaciños!

Hoxe na clase de Ciencias Naturais...

A fotosíntese: vídeo explicativo
A clasificación das plantas: recordande que vimos como se clasificaban as plantas e comparabamos os musgos coas maceiras...nada que ver...ou si?
As partes dunha planta: a semana pasado fixemos un "cartafol" coas partes das plantas, toca repasar!

En Lingua Castelá e Lingua Galega...estamos traballando o uso do dicionario

Para practicar a orde alfabética das palabras...aqui hai mais
O dicionario electrónico: aquí aprenderedes o que é un dicionario electrónico e como se utiliza
O dicionario: aquí nos explican o que é un dicionario, os tipos que hai, como se usan...
As abreviaturas: para coñecer o seu significado.

Irei poñendo mais cousiñas, pouco a pouco, biquiños!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!