martes, 8 de octubre de 2013

O xoves na aula de Informática...

  
Hoxe imos seguir traballando o ciclo de auga. Para elo xa estamos en grupos e entre todos deberemos respostar nos nosos cadernos as preguntas abaixo propostas.

-Para comezar, lede ben todas as preguntas (entre todos).
-De seguido, pinchamos no seguinte enlace e nos apartados : 
EL CICLO DEL AGUA, EL ACCESO AL AGUA, CUIDA DEL AGUA atoparemos as respostas as nosas preguntas.


ATENCIÓN: Lede despaciño toda a información e antes de escribir a resposta deberedes entedela todos e estar dacordo.

ADIANTE!!!

  1. Cantas partes da Terra están cubertas de auga?
  2. Cal é a porcentaxe de auga doce que hai no planeta? Onde a podemos atopar?
  3. Cal é a porcentaxe de auga marina no planeta Terra?
  4. Que outro nome recibe tamén o ciclo de auga?
  5. O auga das plantas se transforma en vapor mediante un fenómeno chamado...........................
  6. Nome os cinco usos que lle damos a auga.
  7. Cantos millóns de persoas non teñen acceso ao auga?
  8. Lede o apartado CUIDA EL AGUA...escribe formas que ti podes facer para non malgastar auga.
  9. Que foi o que mas vos chamou a atención de todo o que aprendéchedes hoxe?


2 comentarios:

  1. O traballo en equipo seguro que da os seus froitos e entre todos logran repostar todas as preguntas. Un biquiño.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!