domingo, 1 de septiembre de 2013

Novo curso

Un novo curso comeza chea de novas ilusións, aventuras e experiencias...para vos e para min. Sabedes que me teredes para todo o que necesitedes.


 
Grandes bicos e recordade o que xa vos dixen e repito...

"Dentro de cada un de vos hai fantasía, imaxinación, creatividade, emoción, sorrisos sinceiros, ilusión, sentimentos preciosos, palabras cheas de amor.

Aprendíchedes a sacar todo iso fora, a empregalo no seu xusto momento, a vosa labor agora será non volver a gardalo, non permitir que nada nin ninguén vos faga olvidar que sodes grandes, grandes de corazón; porque gracias a todas esas cousiñas preciosas que xuntos aprendimos vos convertíchedes en nenos cheos de maxia, espléndidos, especiais.

Síntome moi orgullosa de vos. Sodes e sempre seredes O MEU GALIÑEIRO."

 A vosa profe que vos quere moito!

 Ana

1 comentario:

Grazas polo teu comentario!