lunes, 6 de mayo de 2013

RVB + Lar dos poetas

O próximo venres 17 de maio celebramos O Día das Letras Galegas. Este ano adicámosllo a Roberto Vidal Bolaño. Ao principio o nome sonñabamos desconocido pero despois dun par de días que levamos traballando nel xa forma parte dos autores galegos da nosa clase.

Comezamos aprendendo cousiñas nel a partir da biografía prezi do CEIP Condesa de Fenosa para logo traballar as actividades do Seminario Galán...aínda estamos nelo!

Pero e que quédanos moito por saber, mañá na clase de Informática realizaremos a procura do tesouro elaborado polos CEIP Condesa de Fenosa. Despois indagaremos máis cousiñas sobre RVB que buscaremos na páxina de bibliotecas escolares, que coma sempre, está cheíña de recursos moi interesantes.

Xa iremos contando a medida que vaiamos facendo...e o mellor incluso poñemos fotos!

Ademais diso, estamos a facer cousiñas para o novo recuncho do Lar dos Poetas; nos temos dous poetas que nos encantan e que xa coñecemos un pouquiño, aínda que nos queda moito por saber, son Manuel María e Castelao. A par de RVB comezamos a traballar con Manuel María, encántanos, estamos preparando algunhas das súas poesías cantadas , xa que somos moi cantarines, e quizais aproveitémola para o Maratón de Contos (pero shhh...é un secreto!). Seguro que faremos algún vídeo dos nosos ensaios, o pasamos xenial e ademais o facemos moi ben, xa o veredes!

Como prometín, déixovos a páxina onde atoparedes a canción que estamos preparando, cantade moito!!!

Poesías cantadas de Manuel María

O dito, xa iremos contando máis cousiñas, pouquiño a pouquiño...

Biquiños grandes!

2 comentarios:

  1. Nós tamén comezamos a traballalo e tamén utilizamos os recursos que nos ofrecen todos os anos os mestres e mestras do Seminario Galán. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén sempre boto man deles, a verdade é que sempre son os axeitados. Un bico!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!