jueves, 11 de abril de 2013

Traballando xuntos

Esta semana comezámola con forzas retomando tarefas que tiñamos un pouquiño abandonadas...e iso non pode ser!

Primeiro falamos na clase da nosa árbore, a que adoptamos no Día da Árbore, o noso carballo, puxémoslle nome: JERRY!

Para que Jerry quedase bonito fixémoslle un carteliño co seu nome para cando poidamos baixalo ao patio e non perdelo entre o resto dos carballos e castiñeiros.

Ademais deixamos ben bonita a porta da nosa clase: puxemos a reproducción do cadro que fixemos de Colmeiro na porta e o noso cartel do curso pasado, xa que lle temos moito cariño a Mouchiño Mou, na parte de abaixo.

A verdade e que foi unha mañá moi agradable xa que traballamos moi ben en grupo e ademais de pasalo xenial cundiunos moito o tempo.


-


Biquiños chuviosos!
-

2 comentarios:

  1. Fixéchedes unhas estupendas e bonitas tarefas. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana! Un bico grande!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!