sábado, 13 de abril de 2013

Quentando motores!

Rapaciños e rapaciñas como xa ben sabedes achégase a Semana do Libro e o seu día grande o 23 de abril, Día do Libro.

Hoxe comezamos a ensaiar cos nosos compañeiros de ciclo unhas poesías que para a semana lles contaremos aos de Infantil, de seguro estarán dexesando escoitarnos e terán preparadas para nos unhas grandes orellas de elefante para disfrutar con nos.

Mentres, imos ir quentando motores, que vos parece? A profe María publicou no blogue do recuncho dos barrantiños unha morea de contos dos que podedes disfrutar. Algúns os veremos na clase pero por se queredes ir investigando...

CONTIÑOS DO RECUNCHO DOS BARRANTIÑOS

Un bico ben forte para tod@s!

2 comentarios:

  1. Seguro que aprenden as poesías en menos de nada. Os de infantil estarán contentísimos co recital. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana, gústanos moito ler os teus comentarios, un bico ben forte!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!