viernes, 19 de abril de 2013

DE PASEÍÑO POLA HORTA

Esta semana os do 2º ciclo nos tocaba ir a horta a plantar leitugas e tomates. Os nosos compañeiros de 3º foron onte a traballar e nós aproveitamos a primeira hora de hoxe para evitar abafar mais tarde co sol.

Entre todos fixemos un bo traballo, arrincamos as malas herbas e con axuda dos sachos e das mans quedaron as leitugas e os tomatiños ben contentos e bonitiños. Para rematar regamos e fixemos unha foto.

Mentres traballabamos aproveitamos para falar das hortas das nosas casas e de todas as cousas que plantabamos...que sorte temos de ter campiño, a que si? Proba do noso duro traballo eran as nosas mans cheíñas de terra, aínda que algunhas máis ca outras eh!

 Deixamos aquí un reportaxe fotográfico...a ver cando podemos comelas!





Biquiños de Sol!

1 comentario:

  1. Da gusto ver como plantan e coidan o horto. Seguro que dará uns produtos estupendos. Un saúdo.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!