jueves, 13 de septiembre de 2012

Ola e ata logo

Onte foi o primeiro día de cole, non eran os nenos os únicos que estaban nerviosos, eu tamén o estaba. Tiña moitas ganas de vervos de novo!

Sorprendíchesme dende o primeiro momento, cando a profe Bego dixo que ía chamar a clase de 4º, xa estabades tod@s colocados en fila esperando. Esos pequenos detalles din moitas cousiñas de vos, fixéchesme sentir moi orgullosa.

Cando chegamos a clase comezamos a falar das nosas vacacións, todos o pasamos moi ben, descansamos e disfrutamos. Logo charlamos da gran barriga da profe e explicamos que o día de onte era un ola e un ata logo, un ata logo ata febreiro.

Despois diso nos xuntamos en grupo para que entre todos puxerades bonita a clase, tan ben vos sabedes organizar que rematáchedes nun momentiño, iso sí, mantendo o noso ton de voz de "galiñeiro" que tanto nos custa modificar, pero sodes unhas "galiñas" moi, moi traballadoras e cariñosas e iso encántame.

Tras a alegría do primeiro día, porque me fixéchedes sorrir moitísimo, despedímonos ata febreiro pero prometendo que de seguro fareivos visitiñas e levareivos a Kalani para que o coñezades.

E aquí vos deixo as fotos que onte nos fixemos...







Moitos biquiños os meus neniños!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!