martes, 5 de junio de 2012

Maratón de contos

O pasado venres celebramos no cole o VII MARATÓN DE CONTOS. Este ano foi máis curtiño xa que tiñamos un tempo límite e ademais había que saber os contos de memoria.

Nos dramatizamos o conto de "O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO COMA PERICO" e aínda que parece que o levábamos ensaiando moito tempo, somos uns artistas e nunha semaniña preparamos o conto e que chulo nos quedou!

Temos dous vídeos: o do ensaio do día anterior e o do día despois, porque a profe o día do maratón cos nervios esqueceuse de darlle o botón de grabar :)




Bicos con sabor a cempés!

2 comentarios:

  1. ¡Qué bonito! ¡Que ben o fixeron! Son uns ARTISTAS. Un saúdiño.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!