miércoles, 2 de mayo de 2012

Apéteceme

Atópome sentada diante da ventá, vendo o ceo cheo de nubes grises e o mar lixeiramente axitado polo vento e de repente apeteceume adicarlle unhas palabriñas aos meus nen@s, porque el@s xa o saben, saben que aínda que xa non sexa a súa titora seguen sendo os meus nen@s, eses que en dous anos se fixeron grandes e aprenderon e me ensinaron tanto.

 Apetecíame dicirvos que aínda recordo que tedes un corazón cheo de amor, de cariño, de bondade, que estades cheos de imaxinación, de fantasía, de luz.

Quero dicírvolo porque sei que ás veces vos esquecedes e non quero que o olvidedes nunca.

Tamén quero dicirvos algo moi importante: QUÉROVOS MOITO!

Quérovos así, tal e como sodes, nos vosos días que me facedes rir, que sodes todo amor e neses días nos que só con mirarme xa sabedes que o que estades facendo non está ben e que rifaríavos moitísimo.

Quérovos así, porque vos tamén me queredes a min do mesmo xeito, querédesme cando teño un día no que só pode sorrir e neses días nos que é mellor non cruzarse conmigo porque mordo.

QUÉROVOS MOITÍSIMO e non quero que o esquezades nunca.

Vou poñer esta foto porque me encanta...


E este vídeo para recordar momentos bonitos e sobre todo felices.

video

Un bico cheo de AMOR!

1 comentario:

  1. hola Ana ,que ben que te acordes deles porque(que non se entere a profe Mercedes)pero cuánto te votan de menos, un bico moi grande.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!