sábado, 14 de enero de 2012

Volta ao cole!

Tocou voltar ao cole...e que sorpresa cando chegamos a clase o luns, tiñamos regalos que nos deixara o Apalpador!!! Un calendario, unha mantiña para o Golín e tres contos! Que contentos quedamos!







Ademais comezamos co tema dos animais, e aproveitando imos facer un proxecto de animais salvaxes...xa vos iremos contando e comezamos a ver a peli do Rei León, que nos está encantando!








O xoves ao chegar a clase tiñamos unha carta no noso buzón, era de Golín, nos agradecía que o coidasemos tan ben e nos deixou tres puzzles e un super conto xigante!

Nos debemos portar moi ben nas vacacións porque tivemos unha morea de sorpresas esta semana!

1 comentario:

  1. Debíchedes de ser moi bos para ter tantos regalos y conseguir que o Apalpador visitase a vosa clase. Unha aperta dende AulaTic e que teñades un bo comezo de trimestre.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!