lunes, 23 de enero de 2012

A nosa selva

Como xa adiantamos na última noticia estamos moi atarefados no noso novo proxecto de ANIMAIS SALVAXES.

É un traballo duro, o primeiro día estivemos toda a tarde desmontando o antigo mural do souto máxico dos nen@s de 5º; agora nos imos facer un mural novo onde representaremos unha selva con personaxes de distintos contos: O libro da selva, Elmer, O rei león, Rita...e de seguro poñeremos algún máis.

Estas son algunhas das fotos e un vídeo que serve de mostra para ver o duro que traballamos...e o ben que o pasamos!







Biquiños grandes!

2 comentarios:

  1. Canto traballan estes rapaces e que concentradiños se ven no seu traballo!!! Tes que estar contentísima de ter unha clase así. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que si, son moi traballadores e tranquilos. Estou moi contenta con el@s!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!