domingo, 11 de diciembre de 2011

Vai de árbores...e natureza!

A semana pasada fixemos unha exposición de árbores para celebrar o día mundial dos bosques autóctonos. Cada aula tiñamos asignada unha árbore autóctona e tivemos que facer unha investigación dela. A nos tocounos a FAIA e coa excusa comezamos a nosa primeira investigación. Non saiu mal aínda que temos moito que mellorar...de seguro a seguinte investigación sairanos mellor!

Estas son as fotos das exposicións!




Para saber máis acerca do tema, o mércores viñeron dous forestais a contarnos moitas cousas de árbores e de animais da zona:




Para agradecerllo, adicámoslle unha poesía de Celso Emilio Ferreiro



E os que despois de todo isto, aínda tiñamos forzas, pola tarde fomos a Randufe a última xornada de voley...e rematamos todos cunha medalla!!! Vaia sorte!!! Compre que a mereciamos!




Biquiños con sabor a tarde de domingo!

2 comentarios:

  1. Moi bonita e interesante a entrada, parabéns rapaces!

    Tan so me queda facervos saber que dende o organismo público encargado da promoción do turismo de Galicia estamos á vosa disposición por se precisades información sobre o patrimonio natural galego ou calquera outra cuestión.

    Deixamos un enlace á web por se vos apetece investigar un pouquiño:
    http://bit.ly/eV0ToX

    Moitos saúdos e a seguir traballando tan ben!

    Susana. Community Manager Turgalicia.

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas gracias, de seguro o teremos en conta e visitaremos dende a clase a vosa pñaxina.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!