miércoles, 14 de diciembre de 2011

Máis cousiñas!

A semana pasada comezamos con traballiños de Nadal. Estivemos facendo estrelas para o Mural do pasillo, quedaron moi bonitas xa que nos enforzamos moito!

Aquí estás as fotos do día qeu fixemos o traballo da peli, o comezo do traballo da Faia e o traballo das estrelas.




Ademais, durante estes días nos estivemos xuntando cos nenos de 4º para grabar dous contos, que inventamos nos, e que logo poremos na radio do cole.




Estes 15 días estivemos traballando nas postais, fixemos tres:
1. Unha en blanco e negro para logo escanear debuxos, facer unha montaxe e mandar para casa.
2. Unha de clase moi, moi, moi bonita para enviar a clase de 3º dun cole de Pontevedra; eles non enviarán a nos unha tamén, estamos desexando que chegue!
3. As postais do cole, que o último día meteremos todas nun saco e así levaremos unha postal de outro neno do cole para casa.

Estivemos atarefadísimos e a pesar de todo nos saíu todo moi ben, mostra delo son as nosas fotos:





Bicos con sabor a ...

1 comentario:

  1. Canto traballáchedes! Contos, estrelas, tarxetas,... Quedouvos todo ben bonito. Un bico.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!