martes, 20 de diciembre de 2011

Irradio Lingua

Despois de moito esforzo durante este trimestre por parte de todos os nenos e nenas do cole (e profes tamén) por fin temos o noso primeiro programa de radio! Do blogue do noso proxecto Irradio Lingua collín prestado o programa para que o escoitedes.



O programa ten unha duración de arredor de 43 minutos. A estrutura do mesmo é a seguinte:

1. Introdución e presentación
2. Teatro radiofónico Álvaro Cunqueiro: 1º e 2º curso de primaria
3. Contos de medo: 3º e 4º curso de primaria
4. Díxome, díxome: visita das familias do alumnado a escola. Nesta ocasión, a cargo de Educación Infantil
5. Irradio&Rock:
6. Entrevista a Álvaro Cunqueiro: alumnado de 6º curso
7. Making Off

Biquiños radiofónicos!

2 comentarios:

Grazas polo teu comentario!