sábado, 5 de noviembre de 2011

Samaín

Este xoves e venres celebramos o Samaín. Fixemos unha morea de cousas:

O xoves nos xuntamos por grupos e fixemos talleres. Os de 3º estivemos cos nen@s de 5 anos e visitamos o taller d@s adiviñ@s, onde nos leron o futuro e acertaron os nosos pensamentos. Fabricamos unha escoba de meiga, pintamos as facianas e veu o mago Merlín a contarnos un conto.

Pola tarde os de primaria comezamos a ver a peli de "el retorno de las brujas".

O venres celebramos o certame gastronómico no que colaboraron as nosas familias e fixemos a exposición das cabazas, que estaban preciosas.

Pola tarde rematamos de ver a peli (que nos encantou) e limos algún dos contos de medo que escribimos, pasámolo xenial!




Biquiños con sabor a chulas de cabaza!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!