sábado, 12 de noviembre de 2011

Contos con maxia

Fixémonos cunha parede do pasillo e estamos facendo un mural titulado CONTOS CON MAXIA. Cando imos a biblioteca lemos moitos contos pero nos últimos 15 minutos @ encargad@ elixe un conto e a profe o lee. Logo elixe a páxina que máis lle guste, a coloreamos na clase e a pegamos no mural.

A profe Celsa retounos dicíndonos que o noso mural estaba moi soso, por iso aproveitamos a clase de Plástica para demostrarlle do que somos capaces. Aínda non está rematado pero vai tendo boa pinta, a que si?




Moitos biquiños máxicos!

2 comentarios:

  1. Que bonito vos está a quedar! Da gusto ver como se implican na lectura. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias, a verdade é que sí, non é nada complicado motivarlles e lles encantan os libros!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!