martes, 22 de noviembre de 2011

Aula dixital

Onte viñeron a colocarnos a aula virtual: agora temos na clase unha pantalla dixital, un cañón e un ordenador portátil!

Dende que a puxeron a profe ten unha sorrisa que non lle cabe na cara e os nenos non paran de dicir: ohhhhhh, alaaaaaaaa, que guaiiiiii!!!

Como supoñedes estamos tod@s super content@s!

Hoxe, como non podía ser menos, a estrenamos en Matemáticas: primeiro aprendimos a facer aproximacións no encerado e logo na pizarra dixital practicamos cuns xogos! O pasamos en grande!

Para rematar a celebración pola tarde comezamos a ver a peli de "Charlie y la fábrica de chocolate" e ademais invitamos aos nen@s de 5º para compartir a nosa alegría!




Biquiños con sabor a TIC´S!

2 comentarios:

  1. Que envexa! (sá por suposto) Que sorte tedes de ter unha PDI na clase, nós temos unha soa para todo o colexio así como un só canón de ordenador e por suposto non temos internet nas aula. Eu no anterior cole tamén a tiñamos na aula e a utilizábaos moito. Un biquiño e disfrutade coa pantalla.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que estamos encantados e a usamos moitísimo. Ademais por sorte temos internet nas aulas así que é unha marabilla.
    Moitos bicos!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!