lunes, 17 de octubre de 2011

Achégase o Samaín...

Para ir quentando motores aquí vos deixo uns vídeos do Samaín, o primeiro vai con letra para que a cantedes...



Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.

Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo





Karaoke do rock do Samaín



E agora...un xoguiño!



Un enlace onde encontraredes receitas para facer na casa neste Samaín:

Receitas

Outro enlace onde aprenderemos a facer manualidades...practicaremos na clase de Plástica:

Manualidades

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!