domingo, 24 de julio de 2011

25 de Xullo. Día de Galicia.

"A festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos..." Castelao.

As orixes da celebración da festa que hoxe celebramos remóntase o ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o Primeiro Día de Galicia como acto para afirmar a nosa identidade como GALEGOS.

E vos preguntaredes...que é iso das Irmandades da Fala??? Pois as Irmandades foron unha organización que existiu entre os anos 1916 e 1931 que se encargaron de impulsar o uso do noso idioma en todos os ámbitos, é dicir, de usalo SEMPRE.

Téñovos preparadas unhas actividades para repasar cousiñas que xa sabemos de Galicia:

Galicia


Xeografía de Galicia


E para rematar un vídeo con imaxes da nosa Galicia e música de Luar na lubre.

video

Moitos bicos e a pasalo ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!