jueves, 24 de marzo de 2011

Por fin, Entroido!

O 4 de marzo celebramos o entroido no cole. Este ano foi máxico: máxico porque nos disfrazamos de seres máxicos e ademais porque foi fantástico!

En primeiro lugar fixemos o certame gastronómico ao que tamén acudiron as nosas familias, que rico estaba todo! Non dabamos comido tanto doce...

Despois de recreo cada ciclo xuntouse nas aulas e nos puxemos os nosos disfraces máxicos:

Os de Infantil ían de bruxas e bruxos ecolóxic@s.
Os de 1º ciclo ían de gnomos.
Os de 2º ciclo íamos de fadas e de trasnos.
Os de 3º ciclo ían de mag@s.

Unha vez xa preparados baixamos ao campo de fútbol que estaba pintado de bosque máxico, presentamos os nosos disfraces e ao ritmo da música comezamos a BAILAR! VAIA FESTA!

E chegou o momento tan esperado do xuízo da nosa meca...todos os cursos nos queixamos...que se non tiñamos horto, que si queriamos un pabillón, que as redes estaban rotas...finalmente decidiuse que tiñamos que queimar a meca, e así foi!

Con isto xa a festa rematou, nos quitamos as vestimentas máxicas, marchamos ao comedor e...de vacacións!

Nuns días teremos as fotos colgadas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!