miércoles, 16 de febrero de 2011

Un máis na familia

Meus queridos nenos/as!
Fai moito tempo que non escribimos nada, ata Golín nos rifou por elo (se non me credes ide ao noso libro de visitas), non sei a vós pero a min dame un pouco de vergoña.

O noso blog, como xa sabedes, estivo de cumple fai moi pouco, xa ten un aniño (sí, xa sei que temos unha festa pendente, pero tamén xa sabedes que vola tedes que merecer...), e tamén fai un ano que vos presentei a Dado, recordades quen é verdade? O meu canciño, que xa medrou, aínda que segue a ser un pouco revoltoso. Hoxe ademais, quería presentarvos a alguén novo que forma parte da miña familia animal, volo vou describir e a ver se coas pistas ides adiviñando vale?

Agora mesmo é medianiño, ten 7 meses, pero cando chegou a casa tiña dous mesiños (así que podedes imaxinar o pequerrecho que era). É peludiño e de cor gris (aínda que os entendidos din que é de cor azul...eu o vexo gris!). Ten catro patas cunhas uñas ben afiadas, uns bigotes longos, longos e as orelliñas son puntiagudas. O que máis lle gusta é comer, xogar con Dado, coller os calcetíns e pasealos pola casa (sobre todo polas noites) e dormir na súa camiña.

Xa sabedes de que animal se trata? Pois sí, é un gato! Chámase Shoya (que nome tan raro verdade?), e dicir, "xoia".

Vouvos poñer un par de fotiños para que me digades que vos parece...

Shoya



Dado



Shoya e Dado durmindo xuntos



Shoya o día despois de chegar a casa



Espero que vos gusten, un bico moi grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!