jueves, 3 de febrero de 2011

Matemáticas no blog

Bos días nenos e nenas!
Quero que vos dedes conta do útiles que son as Matemáticas, estamos rodeados de números e de datos e moitas veces nin conta nos damos, sen ir máis lonxe, o noso blog está cheo de números e de problemas que podemos resolver, queredes comprobalo? Adiante!


(Ide escribindo as respostas como comentarios nesta entrada)

1. Se o noso blog ten 1.050 visitas e xa ten un ano (aproximadamente...), poderíades dicirme cantas visitas ao día tivemos?

2. Cantos visitas teremos cando vos esteades en 6º?

3. Se o noso libro de visitas foi visitado por 404 persoas pero SÓ temos 39 comentarios, cantas visitas temos máis que comentarios?

4. Se cada día nos visitasen 4 persoas, cantos comentarios deberiamos ter?

5. Se nun ano nos escribiron 404 persoas, cantos comentarios teremos dentro de 2 anos?

6. Se temos 28 xogos de Matemáticas e un visitante xa xogou a metade deles, a cantos xogou? Cantos lle faltan por probar?

7. Se os xogos de Matemáticas están divididos en 6 categorías, cantos xogos hai en cada categoría?

8. Nos apartados de xogos...en Matemática temos 28, en Linguas 31, en Coñecemento 38, en caixón desastre 32 e en lecturas 17, cantos xogos temos en total?

9. Se nun ano escribimos 56 noticias, cantas noticias escribimos ao mes? (tendo en conta que un mes ten 30 días).

10.Esta xa é de pensar un pouquiño máis...non sei eu...que poderiamos facer para que cada persoa que visite o noso blog nos deixe un comentario no noso libro de visitas?



Dádevos conta da cantidade de cousas que podemos e sabemos facer? Serven ou non serven as Mates? Eu penso que SÍ!


Moitos bicos a todos!

7 comentarios:

  1. Nosas respostas son:
    1.Aproximadamente 3 personas.
    2.Teremos 2.100 visitas.
    3.temos 356 visitas.
    4.deberiamos ter 1.460.
    5.temos 808.
    6.xogou 14 e lle faltan 14.
    7.7 en cada categoria.
    8.146 xogos.
    9.aproximadamente 2.
    10.Dicirlle a xente que ten que escribir porque hai un concurso no libro de visitas.

    ResponderEliminar
  2. Nosas respostas son:
    1.aprosimadamente3 persoas.
    2.teremos 2.100 visitas.
    3.temos 356 visitas.
    4.deberiamos ter 1.460.
    5.temos 808.
    6.xogou 14 e lle faltan 14.
    7.7 en cada categoria.
    8.146 xogos.
    9.aprosimada mente dous.
    10.poñer outras cousas para que lles gustase e asi que deixen os seus menxases.

    ResponderEliminar
  3. As nosas respostas son:
    1.Aproxsimadamente 3 personas al día.
    2.Teremos 2104 visitas.
    3. 156 comentarios.
    4. Nos visitan 624 personas.
    5.1248 personas nos visitaron.
    6. Xogou a 14 xogos e lle falta 14 por xogar.
    7. Hai 4 xogos de categoria.
    8. Temos 146 xogos en total.
    9.Aproxsnadamente 2.
    10. Podemos por anuncios e tamen mete mais xogos.

    ResponderEliminar
  4. As nosas respostas son:
    1.3visitas al dia.
    2.2100 visitas.
    3.35 comentarios.
    4.156 comentarios.
    5.8 visitantes.
    6.xogou a 14 e lle faltan 14 por xogar.
    7.4 xogos en cada categoria.
    8.146 xogos en total.
    9.aproximadamente 3 personas.
    10.podemos por anuncios para que escriban noticias.

    ResponderEliminar
  5. As nosas respostas son:
    1.aproximadamente 3 persoas.
    2.haora tendriamos 2100 visitas.
    3.temos 375 visitas mas que comentarios.
    4. deberiamos ter 1460 comentarios.
    5.tendriamos 808 comentarios.
    6.xogou a 14 xogos e lle faltan 14.
    7.ai 4 xogos en cada categoria.
    8.Hai 147 xogos en total.
    9.Aproximadamente 2.
    10.Poñeriamos máis xogos e música.

    ResponderEliminar
  6. Moi ben nenos/as,
    xa vin que vos esforzáchedes e que algunhas cousas vos costaron un pouquiño. Agora vouvos dicir como fixéchedes (ou deberíades ter feito) para chegar as vosas solucións:

    1. Se nun ano tivemos 1.050 visitas, e un ano ten 365 días, para saber cantas visitas tivemos CADA día do ano teremos que dividir.
    Aproximadamente tivemos 3 visitas ao día.

    2. Dentro de dous anos estaredes en 6º, se nun ano tivemos 1.50 visitas, para saber cantas teremos en 2 anos, temos que multiplicar, 1.050 por dous.
    Dentro de dous anos teremos 2.100 visitas.

    3. Só temos 39 comentarios pero nos visitaron 404 veces, para saber cantas visitas temos mais que comentarios temos que restar 404 menos 39.
    Temos 356 visitas máis que comentarios.

    4. Se o noso blog ten un ano (365 días) e cada día nos visitaron 4 persoas, para saber cantas visitas teríamos temos que multiplicar 365 por 4.
    Teriamos 1.460 visitas.

    5. En 365 días nos escribiron 404 persoas, para calcular cantos nos escribirán en 2 anos deberiamos multiplicar 404 por 2.
    Teriamos 808 comentarios.

    6. Para calcular a metade de 28 xogos temos que dividir 28 entre 2.
    Xogaron a 14 xogos.

    7. Se temos 28 xogos en 6 categorías, para saber cantos hai en cada categoría teño que dividir 28 entre 6.
    En cada categoría hai aproximadamente 4 xogos.

    8. Para saber cantos xogos temos en total temos que sumar 28 mais 31 mais 38 mais 32 mais 17.
    Temos 146 xogos en total.

    9. Nun ano escribimos 56 noticias, para saber cantas escribimos ao mes temos que dividir 56 entre 12 (xa que un ano ten 12 meses).
    Aproximadamente escribimos 4 noticias.

    10. Esta era de pensamento libre, non sei se algunha me convence...por se acaso...seguide pensando!

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  7. Hola

    Aprender matemáticas es fácil y si quieres hacerlo aun mas fácil, entonces debes visitarnos Hoy y Ver todas las herramientas que te damos para que ames las matemáticas.
    Te esperamos

    http://aprendermatematicasya.blogspot.com/

    Sinceramente
    JOHNY JARAMILLO – Un Apasionado Por Tu Éxito Académico

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!