lunes, 28 de febrero de 2011

Apípolis, a cidade das abellas

O venres 25 os nenos e nenas de 3º e 4º fomos de excursión a Pontevedra a coñecer Apípolis, a cidade das abellas. Foi unha excursión preciosa! As persoas que nos recibiron, Dori e Nicolás foron en todo momento moi amables con nós.

Ao chegar, nos levaron a unha sala onde nos explicaron os tipos de abellas que hai, que tipos de animais son, por que son importantes para nós e moitas cousas máis. Estabamos moi interesados no tema e por iso fixemos unha morea de preguntas.

Despois de merendar, o momento mais esperado...nos vestimos de apicultores, estabamos todos guapísimos! Nicolás levounos onde estaban as abellas e alí estivemos entre elas, coma se nada, mentres viamos como estaban a construir o panal, o mel...foi moi emocionante, aínda que había algún que outro que tiña cara de medo!

Despois de quitarnos o traxe de apicultores visitamos as distintas salas con paneis e xogos informativos, onde tamén aprendimos moitas cousas e ata conseguimos ver a abella raíña!

Para rematar o día, como facía un sol radiante, comimos nunhas mesas e nuns banquiños que tiñan por alí fora.

A verdade e que tanto as profes coma os nenos rematamos moi contentos este día! Esperamos poder repetir!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!