martes, 23 de noviembre de 2010

O Samaín (Alex, Jose, Nico, Iván e Gabi R.)

O día 29 no cole de Barrantes celebramos o Samaín. Pola mañá, sobre as 11:00, comemos os postres; ao rematar vimos as cabazas e cando tocou o timbre baixamos ao recreo. Antes de comer disfrutamos dun espectáculo de bruxas (que logo explicaremos) e tras comer fixemos a votación das cabazas e marchamos para casa.

As bruxas

Entre todos os nenos fixemos un conxuro para que aparecera a bruxa Piruxa. Como ela era un pouco burra chamou a bruxa Katuxa e entre as dúas nos ensinaron como unha cabaza botaba escuma pola boca; tamén nun xarrón con auga lle botaron cores: megro, amarelo e verde e logo lle botaron unha cousa e desapareceron as cores. Para rematar fixemos o conxuro máis difícil: ¡fixemos fogo! chámase o conxuro da queimada.



Xa sabedes que se queredes ver todas as fotos podedes disfrutar delas no noso álbum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!