viernes, 26 de noviembre de 2010

O conto de Astrid



Fai 70 anos, en Suecia, a filla de Astrid estaba deitada na súa cama enferma dos pulmóns cando lle pediu que lle contara un conto. Astrid, que contaba con moita imaxinación, inventou unha historia dunha nena, que con tan só 9 anos, era a máis forte do mundo, máis aínda que calquera adulto, xa que con unha soa man podía levantar a un cabalo. Vivía soa nunha casa coa única compañía das súas mascotas, un cabalo a lunares e un mono.
Catro anos máis tarde de que Astrid lle contara esta historia a súa filla rompeu unha perna e como aburríase decidiu escribir aquel precioso conto, que xa era famoso entre os amigos da súa filla. Un ano máis tarde gañou un primeiro premio nun concurso literario. Desde entón esa historia fíxose moi famoso, facendo dela películas, series de television, debuxos animados...
Xa sabedes de que historia estou a falar, verdade? Claro que sí, de Pipi Calzaslargas! Hoxe fai 65 anos que se publicou o su libro e para celebralo vouvos deixar un vídeo que espero que vos guste.

video

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!