lunes, 15 de noviembre de 2010

Magosto 2010 (Diego, Patri, Martín, Gabriel V. e Melisa)

O día 22 de outubro no noso colexio se celebrou o Magosto. As primeiras horas estivemos xogando nas clases. Cando baixamos ao recreo xogamos todo o colexio a tres xogos diferentes, castaña por detrás e en casa de mi abuela, (que logo vos explicaremos)e divertímonos moito. Ao rematar quedamos sentados no campo de fútbol a plantamos landras e castañas. Logo fomos ao comedor e despois comemos castañas.
Tamén viuñeron os nenos e nenas do instituto e os nosos pais e nais. Bueno, esperemos que vos guste a historia e se vos gusta ide a ver as fotos.


CASTAÑA POR DETRÁS
Todos se poñen en roda menos un, o que non está sentado ten unha castaña e ten que pola detrás de algún neno. O neno que ten a castaña por detrás ten que pillar o qeu lla puxo; si o pilla queda e se non queda él. Hai que cantar a seguinte canción:
"A castaña por detrás, tris, tras, nin a ves, nin a verá, tris, tras, mirar para arriba, que caen xudías, mira para abaixo, que caen garabanzos, aquí está, aquí está, a castaña xa chegou.

EN CASA DE MI ABUELA
faise un círculo e se collen as manos, empezamos a cantar:
"En casa de mi abuela, hai un gato muerto, el primero que hable, gato muerto es, cas-taña".
Cando dicimos ÑA quitamos as mans, se non as quitamos perdemos. Xogamos así ata que só quede un.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!