viernes, 2 de julio de 2010

Última semana de cole

Esta noticia chega tarde pero o importante é que chega.

A última semana fixemos moitas cousas, a ver se non me esquezo de ningunha.

Fomos de excursión a Guarda: dende infantil ata 3º visitamos unha fábrica de pasta, onde nos ensinaron como facían tortellini de lacón con grelos e spaguettis, foi moi interesante e ademais nos regalaron un paquete de espaguettis que estaban boísimos!

Despois fomos a visitar o museo do Mar da Guarda, é pequeniño pero ten moitísimas cousas, ademais nos ensinaron a facer nós. Ao rematar esta visita fomos a lonxa a ver o peixe que os pescadores trouxeron pola mañá, había moitos, pero o que máis nos chamou a atención foi un tiburón!

Xa como remate, como non facía moi bo día, fomos a comer o cole da Sangriña e de ahí para o cole!

Turonia: os nenos de 1º e 2º ciclo fixemos o Turonia. Por se algún dos que nos le non sabe o que é, o Turonia é unha excursión que facemos polas nosas terras de Tomiño no que coñecemos, cada ano, cousas novas. Pasamos por Forcadela, Hospital e rematamos comendo no merendeiro da Pedra, un lugar moi bonito e tranquilo.


Malabares: O luns fixemos todos os nenos e nenas do cole un taller de malabares no que nós fixemos de axudantes e colaboramos a que todos aprendesen a facer malabares. Despois disto nos xuntamos por clases e comemos palomitas. Que ricas estaban!

Xa o último día, o martes, fixemos o festival. Nós fixemos dous bailes: o din-don e algo pequeñito. A verdade e que o fixemos xenial xa que nos aplaudiron moitísimo.



Tendes todas as fotos no noso recuncho da esquerda! Moitos bicos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!