lunes, 31 de mayo de 2010

Maratón de contos

O venres celebramos o maratón de contos, qué pasada! estivemos todo o día lendo contos...e tamén fixemos o II maratón de contos nocturno. Viñemos ao cole pola noite, co pixama por suposto, e a escoitar contos. Antes de ir para casiña, un colacao con magdalenas para poder descansar coa barriga chea!

Gustáronvos os contos? A min sí! Todos nos esforzamos moitísimo para que saira todo ben e...que me dicides da biblioteca? A que estaba ben bonita? Parecía que estabamos nun bosque, ata soaban paxariños e todo...

Espero que o pasárades ben e...ah! ide pensando en contos para o ano que ven!

Bicos!

P.D.: Pasádevos a ver as fotos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!