miércoles, 28 de abril de 2010

Para que vimos ao cole?

Durante esta semana e a anterior estivemos a falar dun tema moi interesante: para que vimos ao cole?

Fixemos unha mesa redonda na que primeiro cada un deles tivo que respostar a esta sinxela pregunta. Estas foron as súas respostas:

Patri: "para apreder cousas novas, coñecer amigos, aprender modales, para aprender a respectar os compañeiros e os profes e moitas cousas máis".

Anabel: "porque é o meu traballo".

Diego: "porque nos veñen a ensinar porque cando sexamos maiores teñamos teñamos traballo".

Alex: "porque quero aprender".

Tania: "porque me gusta vir e porque así aprendes".

Iván: "para estudar e aprender e ser listos e educados".

Ariana: "para aprender e coñecer os nenos de todos os cursos".

Gabi: "para estudar senón seremos burros".

Melisa: "para aprender".



Despois disto cada neno leu o que escribiu e falamos delo. Tamén conversamos a importancia das distintas asignaturas e comentamos algunhas cousas que nos gustaría chegar a ser cando sexamos maiores: albanel, futbolista, periodista, veterinaria, cantante, científico...


Cal foi a nosa conclusión? O cole non é unha perda de tempo e os profes non están para fastidiarnos.


Para os meus nenos/as: gustoume moito falar con vos e que forades tan sinceiros, a min o que mais me gustaría de todo, e que vos gustasen tanto as clases coma a min me gusta darvos clase (aínda que as veces vos borregue, vos castigue...sempre fago todo intentanto o mellor para vos).


Coma sempre, algunhas fotiños do noso momento de reflexión.










Bicos e apertas para todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!