domingo, 25 de abril de 2010

23 de abril: día do libro

Vaia día o do venres! Non o pasamos ben nin nada! Eso sí...traballamos...coma nunca!

Cando chegamos ao cole había unha chea de libros tirados polo chan, vaia locura! Na clase falamos diso, que farían ahí eses libros? Ese non era o seu lugar, polo tanto entre os nenos e nenas de todo o cole baixamos por turnos e fixemos unha gran roda con eles na entrada do cole. Outra vez na clase comezamos a traballar. Cada un de nós colleu un libro de contos, elexiu o conto que mais lle gustou, fixemos unha lectura en voz baixa e logo, coa fotocopia do conto, fixemos a representación da historia en imaxes.

Pasou pola nosa clase a profe Celsa con unha das súas extraordinarias ideas, coma sempre. Traíanos uns debuxos duns avións: tivemos que ordenalas e logo escribir unha historia a partir delas. Quedaron todas moi, moi diferentes.

Despois do recreo eleximos uns dos libros que ordenáramos pola mañá para levar a casa e regalar, lle puxemos unha adicatoria e todo! Estivemos moi entregados!

Para que os vexades os imos deixar aquí para que podades lelos, xa veredes como disfrutades con eles.



Os contos que nos eleximos



As historias dos avións




Tamén temos algunhas fotiños de como foi o día do libro.

2 comentarios:

  1. Te he dejado un detalle para ti en esta entrada de mi blog http://aventurasdeprimaria.blogspot.com/2010/04/nuestro-primer-premio.html

    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Gracias, no puedo más que siempre darte las gracias por todo! Por muchas gracias más! Besiños

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!