martes, 6 de abril de 2010

1º día do 3º trimestre

Hoxe foi un día moi divertido! A que si? Primeiro nos contamos como foron as nosas vacacións, despois para practicar a memoria, tivemos que completar unha ficha de vacacións dalgún dos nosos compañeiros. Ao rematar xogamos a adiviñar a palabra, conseguiamos as pistas facendo preguntas de "sí" ou "non", foi entretido, pero temos que seguir practicando. Despois dos recreos comezamos (e case rematamos) a peli de "Charlie y la fábrica de chocolate", é unha película estupenda coa que aprendemos moitísimas cousas e ademais e moi, moi, moi divertida! Estamos a rir moitísimo!
Xa para rematar o día fomos a clase de informática a xogar ó Trivial. Anda que non estivemos ocupados!

Aquí queda o trailer da peli e debaixo uns xoguiños, seguro que vos gustan!




Xogos de Charlie

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!