sábado, 6 de febrero de 2010

Queda pouco para o Entroido...

Este venres celebramos o Entroido no cole e estamos a traballar moi duro nos nosos difraces. Aproveitando a canción de Moving de Macaco, cada clase ímonos de disfrazar dunha parte diferente do mundo; nos imos de deserto e nos imos vestir de cactus, arañas e tuaregs.

Ao principio non sabíamos o que eran os tuaregs, sabédelo vos?

Os tuaregs forman unha comunidade de persoas que viven no deserto do Sahara, son nómades, é dicir, non teñen un lugar fixo onde vivir, senon que se desprazan para así satisfacer tanto as súas necesidades coma as dos seus animais, vos deixamos unhas fotiños para que vexades como son:


Tamén deixamos unha montaxe das fotos destes días traballando nos nosos disfraces...algunhas fotos as sacou a profe pero outros as sacou Anabel..haberá que felicitala...


A próxima semana vos ensinaremos como de bonito está a quedar o cole co mural dos peliqueiros...está precioso!

E xa por último e non por iso menos importante: temos meco! E xa nos deu a primeira orde...o luns temos que levar algo na cabeza: gorro, peluca, gorra...non vos esquezades!

Biquiños!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!