lunes, 1 de febrero de 2010

Día da Paz

O pasado venres celebramos no cole o día da paz. Foi un día moi atarefado, fixemos moitísimas cousas!
Durante a primeira hora aproveitamos para traballar un pouquiño e colgarnos os nosos colares da paz. Na segunda hora, xuntámonos todos na biblioteca e vimos a película Tierra; foi unha peli moi bonita, na que aprendimos o importante que é coidar o medio ambiente. Vos deixamos o vídeo do trailer da peli para que recordedes algunhas das escenas máis bonitas.



Despois de comer, entre todos elaboramos un conto, nós fixemos a interpretación do conto e o resto dos nenos e nenas do cole o remataron dando as súas solucións. Este é o conto que representamos...vos acordades?



Conta a historia que hai miles e miles de anos, nun precioso pobo mariñeiro moi preto de Tomiño, chamado A Guarda, unha gamela con amplia vela, quedou varada na Praia. A súa madeira chirriaba coa calor do sol e a ausencia de humidade. E mentras que o sol se poñía no horizonte e as gaivotas, pousadas na cuberta, pousadas por encima do seu mastro, o barco estaba desolado porque xa non podía axudar ós mariñeiros a capturar o peixe para alimentar ó pobo.
Todo, debido á pelexa de dúas gotas de auga, que formaban parte da pleamar, que era necesaria para reflotar a embarcación. Pasaban os días, e ambas seguían discutindo, porque unha consideraba que non tiña por que axudar a ninguén a surcar as súas augas, a capturar os peixes que vivían nelas nin a emporcar os fondos mariños.
Ó contrario, a outra pensaba que o mar merecía ser disfrutado por todos, xa que aínda que hai quen non o respeta, son moitos máis os que se preocupan por él e saben coidalo.
Como pasaban os días e non había forma de solucionar o problema e as olas estaban divididas apoiando a unha a outra, unha gota que se caracterizaba pola súa serenidade, observación e reflexión, propúxolles a todas pensar en posibles solucións os diversos problemas que crean ante distintos conflictos, para que a través da análise poideran chegar a atopar unha solución a crise creada polas gotas. Entón a todas as gotas pareceulles ben a idea, puxéronse a reflexionar e de unha e unha expuseron as súas ideas.
__________________Desfile de gotas_________________________

Coa posta en común de todas as reflexións, as gotas de auga chegaron á conclusión, entre outras cousas, que todos en maior ou menor medida, vivimos situación conflictivas persoais, colectivas e mundiais que nos afectan, nas que dalgunha forma estamos implicados e ás que debemos buscar solución dende a reflexión e o diálogo.




Algunhas das solucións que se deron foron: falar, escoitar as ideas dos demais, sorrir, non berrar, chegar a un acordo...son boas ideas que podemos utilizar sempre que nos xurda calquera problema.


Xa para rematar, algunhas das nosas fotos durante a representación:



Igual está feo que a profe o diga pero...a que somos uns verdadeiros artistas? :)

2 comentarios:

  1. Gústannos moito as cousas que facedes no voso cole e dende o colexio Coutada-Beade vos invitamos a que visitedes o noso blog: www.aventurasdeprimaria.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Bea! De seguro visitaremos o voso blog! Un bico moi grande!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario!