martes, 9 de febrero de 2010

As ordes do Meco

Onte tíñamos que vir con algo na cabeza, seguro que estábades todos moi guapos pero como a profe estivo enfermiña non temos foto...

Hoxe tíñamos que levar algo na cara: un debuxo pintado, unhas gafas, unha carouta...hoxe sí que temos foto! Ahí va! Pero que guapos que estamos!



Na foto falta Anabel, pero non quería saír así que fixo ela de fotógrafa! Cada día se lle da mellor!

Mércores

Ai, nen@s! de que nos olvidamos hoxe? Non nos fixemos a foto! Co guapos, pero sobre todo cómodos que estabamos co pixama e as pantuflas! Si, si, en pixama! Intentaremos que mañá non se nos olvide a foto! Estamos tan atarefados...

Xoves

No día de hoxe todos tíñamos que traer algo no pescozo: algúns tiñan bufandas, outros garabatas, outros colares...o importante e que estabamos todos ben favorecidos! Por si non vos fiades, vos deixamos unhas fotiños...






E por fin mañá xa é o Entroido, temos un día moi entretido: o certame gastronómico, o desfile, o xuízo do Meco, a queima ou non, a festa...imos acabar cansadiños...pero seguro que o pasamos en grande!

Moitos bicos a tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!