martes, 26 de enero de 2010

Día da paz







Como este venres celebramos no cole o día da Paz, estes quince días estivemos facendo algunhas cousiñas: fixemos colgantes, traballamos con fichas sobre a autoestima e o esforzo e por grupos elaboramos murais da paz. Para estes murais buscamos en periódicos fotografías que pensamos estaban relacionadas coa paz, as pegamos e inventamos un lema. Para que vexades como nos quedou, deixamos fotos de como traballamos e do resultado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!