jueves, 28 de junio de 2018

Lume no camiño

Unha das actividades finais do noso Proxecta "Lume no camiño" foi a creación dun cómic con ese título. Quedaron xenial!


miércoles, 30 de mayo de 2018

Concurso "seccións dun xornal"

Nos estamos afeccionando aos concursos. A semana pasada fixemos un onde traballamos as distintas seccións que ten un xornal. Ademais, un dos exercicios consistía en crear unha mensaxe pedindo desculpas a profe polo seu comportamento (digamos que esta inestabilidade meteorolóxica non nos está sentando nada ben a ningún) e a verdade que se esforzaron moito.
O resultado foi o seguinte:
1º posto: empate entre África e Noa
2º posto: Antón
3º posto: Dani
4º posto: Tomás
5º posto: Abel



miércoles, 16 de mayo de 2018

DLG 2018. María Victoria Moreno

O alumnado de 6º de primaria traballamos a biografía de MVM na aula para logo ilustrala por partes e facer un vídeo. Quedounos moi chulo! 😏


jueves, 19 de abril de 2018

Concurso de titulares

Hoxe fixemos un concurso na clase!!! Tiñamos que conseguir o maior número de puntos posibles buscando titulares oracionais e non oracionais, interrogativos, exclamativos, dubitativos, exhortativos, desiderativos...cada un deles tiña distinta puntuación pero o premio gordo, 50 puntos, era para o titular no que tiñamos que localizar o suxeito, predicado e ademais tiña que ter un CD/CI e un Complemento Circunstancial.

Cada un escolleu unha estratexia distinta, moitos aseguraron os 50 puntos, outros foron sumando pouquiño a pouquiño...a verdade é que fai moito tempo que non tiñamos unha sesión tan tranquila, a concentración require silencio.

Os premios foron para:
África: 81 puntos: 2 kit-kat
Antón: 80 puntos: 500€ de chocolate
Abel:79 puntos: 50€ de chocolate

África podía escoller se repartir un puñadiño de chuches cos seus compis e dixo que....SIIIIIIII, POR SUPOSTO!!!!!

Pasámolo en grande!



miércoles, 11 de abril de 2018

Traballos rotativos

Onte os nenos e nenas de sexto traballaron en grupos alternando tres recunchos rotativos de 11 minutos cada un:
- No primeiro tiñan que inventar un microconto tendo en conta tres premisas: utilizar sete imaxes ao azar dos "Story cubes", usar conectores, a historia debe ter un final inesperado.
- No segundo tiñan que inventar unha predicción do horóscopo usando a palabra do dado que caera na súa ficha.
- O terceiro era un exercicio de expresión oral: unha das persoas do grupo tiña que describir unha imaxe e os demais representala.
Todos disfrutaron moito das tres actividades, hai traballos de expresión escrita moi orixinais e aprenderon que a forma en que nos expresamos é moi importante.
Velaquí as fotos!

jueves, 5 de abril de 2018

Titulares locos

Comezamos forte este trimestre, dentro de nada xa toca despedirnos, vémoslle os fociños ao insti...iniciamos un "periodo de adaptación" a Educación Secundaria, xa veremos como acabamos o trimestre.

De momento nas Linguas imos traballar moito a gramática, redacción e comprensión e entre lecturas e exercicios facemos cousas tan "molonas" coma a actividade deste mércores.

Xuntámonos en grupos e aproveitando os xornais que temos na clase o obxectivo inicial era buscar dez titulares ao azar nos que poidésemos separar e identificar o suxeito, o verbo e o predicado. Unha vez feito isto os pegamos nun folio A3 por categorías para rematar uníndoos ao noso gusto creando titulares completamente alocados.

Foi unha actividade moi motivadora!


21M. Día Internacional dos Bosques


O pasado 21 de marzo foi o Día Internacional dos Bosques. Na clase fixemos un traballo grupal no que debíamos buscar a forma de representar un bosque e nos apoiamos no xornal  "La Voz de Galicia", aproveitando que estamos dentro do programa "Prensa-Escuela", para completar o noso mini-mural con información relacionada: por que se celebra? quen o decidiu así? como están relacionados os bosques cos distintos sentidos? Que iniciativas existen para protexer os bosques?

Ademais de todo iso, antes de comezar o traballo entre todos decidimos cal serían os aspectos que íamos ter en conta á hora de avaliar os nosos traballos cunha rúbrica: ortografía, presentación, orixinalidade, información, traballo en grupo.

Onte rematamos os nosos traballos e hoxe os avaliamos entre todos. A verdade é que quedaron xenial!